Galicia transfórmate | NTT DATA

Galicia transfórmate

Celebramos o Día de Galicia transformando os emojis na súa versión máis galega

Descárgaos

Como funciona?

Só tes que entrar na nosa canle de WhatsApp e gardar os emojis en formato sticker para compartilos con quen queiras. Preme no botón ou escanea o QR.

A que esperas para facerte co paquete de emojis galegos?
Descárgaos

Se tes Android:
Dentro da nosa canle de WhatsApp, mantén pulsado sobre o emoji, agrégao a favoritos e xa terías o emoji en formato sticker no teu móbil.

Se tes iOs:
Dentro da nosa canle de WhatsApp, mantén pulsado sobre o emoji que queiras e compárteo cunha persoa ou grupo. Vai ao chat onde o compartiches, preme sobre o emoji e gárdao en destacados. Xa podes usalo en formato sticker cando queiras!


Que emojis transformamos?

01
Bandeira de Galicia

O branco do ceo e o azul do mar simbolizan nesta bandeira a identidade galega e o orgullo do pobo cara a súa terra.

Descárgao

02
Pemento de Padrón

Pequenos, verdes e, sobre todo, saborosos; convertéronse nun clásico da cociña galega. Hai que ter coidado ao comelos, porque algúns pican e se pican, queiman.

Descárgao

03
Cuncha de vieira

Símbolo universal de quen recorre o Camiño de Santiago ata o final.

Descárgao

04
Meiga

Galicia é terra de maxia e, aínda que non creas nos seres fantásticos, as lendas ou as meigas, habelas, hainas.

Descárgao

05
Toxo

Esta flor amarela é unha das plantas máis representativas de Galicia. Abundan nos montes galegos, convertendo a paisaxe nun manto amarelo e verde.

Descárgao